María José Ruán | “O reto do tempo libre é lograr uns prezos que nos permitan profesionalizar o sector”

María José Ruán | 
“O reto do tempo libre é lograr uns prezos que nos permitan profesionalizar o sector”
María José Ruán, nas instalacións da escola de tempo libre Néboa que ten a súa sede en Neda | jorge meis

María José Ruán leva máis de 20 anos vencellada ao sector do tempo do ocio e do tempo libre da man da Escola Néboa –Muchiqueira, 24, Neda–, que a próxima fin de semana, xunto á universidade Rey Juan Carlos I de Madrid, promove nas Pontes –Casa Dopeso– o I Congreso de Ocio, Tiempo Libe y Turismo Activo Proyecto Eduka.

Como xurdiu a idea deste congreso?
Está funcionando da man da universidade Juan Carlos I de Madrid. Contactamos coa xente do Proxecto Eduka, que traballa pola profesionalización do sector, convertémonos en centro Eduka en Galicia e así, intercambiando ideas uns e outros, xurdeu a idea deste congreso.

A quen vai dirixido?
Sobre todo a profesionais e a xente que leve tempo no mundo do tempo libre. Por exemplo nós, na Escola Néboa, non nos adicamos profesionalmente ao mundo do tempo libre pero sí que levamos moitísimos anos facendo tempo libre en Galicia. A idea é que todos nos xuntemos para ver as perspectivas do sector e tamén de turismo activo, cara onde se está a encamiñar moita da actividade.

Un dos aspectos que máis peso teñen no programa é a profesionalización do sector. Como está a situación neste punto?
Hai moito traballo temporal e é difícil que alguén se adique profesionalmente a isto, de feito, moitas das persoas que nos adicamos ao tempo libre desde hai tempo, seguramente temos outra profesión e facemos isto de forma voluntaria. Das actividades de tempo libre poden saír logo contratos profesionais como por exemplo a raíz dos campamentos que organizamos, pero o problema é a estacionalidade, a temporalidade deses traballos. Por outra parte, as actividades de tempo libre teñen que ter un precio, e até que punto está disposto o público a asumir certos custes de actividades? Aí vai a calidade dos contratos do que se poidan facer. Andamos na procura dese equilibrio, entre uns prezos axustados para o público que nos permitan facer contratos decentes e que a xente se poida adicar profesionalmente ao tempo libre.

Como ten evolucionado o sector nos últimos anos?
O mundo do tempo libre non ten nada ver, cando eu cheguei hai 20 anos ao que hai agora. Non existían ludotecas, nin campamentos urbanos, e agora hai unha oferta inmensamente variada. Eramos catro os que facíamos campamentos na natureza, hoxe en Galicia hai cada vez máis e estase a especializar en turismo, e por suposto en turismo activo. Cambiou moitísimo, de feito a lexislación galega estase a quedar anquilosada, de aí que xa se estea a traballar nun novo decreto en Xuventude porque hai que cambiar todo isto.

Que peso ten esta actividade na comarca?
Ao igual que no resto de Galicia isto está medrando cada vez máis. Se están creando unha serie de marcas vencelladas ao turismo como Costa Ártabra ou nas zonas do Eume, e esas marcas van acompañadas de actividades de tempo libre.

Que supón para a Escola Néboa a organización deste congreso?
Moito traballo... [ríse], pero é un traballo ilusionante porque cremos que son necesarios os foros, os puntos de encontro, onde a xente que nos adicamos a isto nos xuntemos de vez en cando e nos paremos a falar. Moitas veces recurrimos ás adminsitracións para que nos xunten. A Dirección Xeral de Xuventude sempre xogou un papel nisto e a verdade é que temos poucas iniciativas propias e é ilusionante neste sentido, de que sexamos nós os que nos movamos para falar da problemática do noso sector.

María José Ruán | “O reto do tempo libre é lograr uns prezos que nos permitan profesionalizar o sector”

Te puede interesar