María Ares releva a Xan Morales no Club de Prensa

María Ares releva a Xan Morales no Club de Prensa
fernando bores e maría ares d.a.

A periodista fenesa María Ares é a nova presidenta do Club de Prensa de Ferrol en substitución de Xan Morales, que estivo os últimos oito anos á fronte da entidade. Na asemblea celebrada onte decidiuse que acompañasen a Ares Xoán Rubia como vicepresidente, Luis Mera como secretario e Fernando Bores como tesoureiro. A nova presidenta agradeceu o traballo do seu antecesor e non pecha o seu equipo, mantendo aberta a porta para novas incorporacións.

Fundado en 1987, o Club de Prensa de Ferrol é a asociación responsable entre outras iniciativas da edición da revista Ferrol Análisis, do curso de pensamento Carlos Gurméndez e da mostra fotográfica Galicia en Foco.

María Ares releva a Xan Morales no Club de Prensa

Te puede interesar