Mañón revive a súa tradición coa camelia en Ribeiras do Sor

Mañón revive a súa tradición coa camelia en Ribeiras do Sor
Diario de Ferrol-2014-04-18-013-7093c8b4

Referente internacional grazas á plantación do Pazo Torre de Lama, a camelia é a flor máis emblemática de Mañón e a ela réndeselle hoxe tributo. Así, a partir das 11.00 horas e ata as 18.00, aproximadamente, a zona recreativa de Ribeiras do Sor acolle unha exposición e unha festa que van xa pola XII edición. Varios expositores amosarán a beleza da camelia local, ao tempo que haberá unha sesión musical ao mediodía coa actuación de Intervalo Show. Tamén haberá posibilidade de xantar na zona con postos de polbo e churrasco ou, por suposto, mercar flores.
Xa pola tarde, levararase a cabo a entrega de premios aos mellores exemplares participantes na exposición. O Concello de Mañón e a Deputación provincial organizan o evento.

son do sor
Por outra banda, noutra zona de Mañón, no Barqueiro, onte levouse a cabo a cuarta festa O serán do Sor, unha iniciativa da agrupación tradicional O Son do Sor que se leva a cabo nas inmediacións da lonxa da localidade. Así, a programación comezou da man da formación Brétema Folc que actuou ao mediodía na sesión vermú. Posteriormente, xa pola tarde houbo unha “master class” na que o mestre Xabier Espasadín aprendeulle a quen quixo os segredos do baile tradicional galego. No entre lusco e fusco, a partir das 20.00 horas, abriuse a lista para anotarse e subir a tocar sobre o escenario da carpa, así como tomar parte nas actividades de baile que dan sona a esta festa popular. Trala media noite estaba previsto que a xente repuxese forzas cun chocolate quente.
Este ano a cita estaba adicada á memoria de Celestino Gómez, que faleceu o pasado ano. Parte integrante de O Son do Sor dende os seus inicios, era coñecido por colaborar en todo o que podía con bo humor. Ceslestino fora ademais o Patrón Maior da Confraría Barqueiro-Bares. n

Mañón revive a súa tradición coa camelia en Ribeiras do Sor

Te puede interesar