• Miércoles, 20 de Septiembre de 2017

Máis de cen alumnos inician hoxe o curso da UNED sobre a Lei de Seguridade Cidadá

Con máis dun cento de matriculados, entre a modalidade presencial e vía streaming, esta tarde comezará na sede ferrolá  da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) o terceiro dos cursos agrupados baixo o ciclo de formación no ámbito xurídico. Ao igual que as actividades anteriores, a cita suscitou un gran interés, tal e como se reflicte no número de isncritos.

Nesta ocasión, o programa, que rematará mañá, está centrado na Lei de Seguridade Cidadá, á que algúns colectivos deron en chamar “lei mordaza” polo tinte das infraccións contempladas na nova normativa. O presente curso ten por obxectivo “formar aos alumnos, en especial a membros e forzas de seguridade, e dotalos de coñecementos para a aplicación práctica da LO 4/2015, mediante o seu estudo pormenorizado e resolución de diversos casos prácticos”.

docencia
A responsable de impartir a actividade será Ana Rodríguez Piorno, licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e adicada á función xurisdiccional desde 2000.
As novas infraccións, intervencións con drogas, traslados a efectos de identificación ou a tenencia ilícita de armas serán algunhas das cuestións que dan forma ao programa.