Máis de 700 artesáns participan no Encontro do sábado en San Valentín

Máis de 700 artesáns participan no Encontro do sábado en San Valentín
Feira de Palilleiras en San Valentin

A asociación cultural Tadetas volve ser a responsable da organización do Encontro de Artesáns de San Valentín que este sábado reúne durante todo o día a unhas 720 persoas no pavillón polideportivo do barrio fenés. A actividade comezará ás 10.30 horas e contará cuns 51 postos de mostra dos traballos de palilleiras, pachtwork, bordado, etc., con xente chegada da comarca, toda Galicia e localidades bastante máis afastadas como Asturias, O Bierzo ou incluso Cartagena. Así mesmo, unhas 60 monitoras dirixirán os traballos cara o público en cada posto.
O programa inclúe un sorteo de agasallos (ás 13.00 e ás 18.00 horas, respectivamente), e unha parada para xantar ás 14.00 horas. A clausura do encontro celébrase ás 19.00 horas. O programa tamén conta cun stand traballo de pulido de bronce que fará unha exhibición, así como unha cesteira chegada de Santiago. Ademais da artesanía, no acto participan unhas oito entidades sociais da comarca que darán a coñecer o seu labor ao público visitante.

outros alicientes
As actividades no pavillón de San Valentín tamén inclúen como novidade a I Mostra da Camelia de Fene, con cinco expositores participantes que amosarán as súas especies. Ademais esta cita floral tamén estará aberta na xornada do domingo, coincidindo coa I Feira de Troco e  2ª Man que organiza desde as 11.00 horas e durante todo o día o Concello de Fene.
En canto ao Encontro de Artesáns, desde a entidade agradécese a colaboración do comercio local “nuns tempos tan duros como os actuais que foron quen de axudar economicamente e con agasallos para os sorteos”.
A cita conta cun total de 7.600 euros de presuposto que a asociación cultural Tadetas leva adiante entre as citadas axudas máis a colaboración do Concello de Fene.

Máis de 700 artesáns participan no Encontro do sábado en San Valentín

Te puede interesar