Magín Blanco encherá esta tarde o Torrente coas “Cantigas da estrela”

Magín Blanco encherá esta tarde o Torrente coas “Cantigas da estrela”
Concerto da Escola da Vaca no Ateneo

O auditorio do Torrente Ballester encherase hoxe para o espectáculo musical “Cantigas da estrela”, de Magín Blanco, que estará acompañado por María Faltri e Jorge Juncal. Este concerto forma parte do programa da Dirección Xeral de Normalización Lingüística “Nadal en Rede”. Todavía Ferrol terá outra destas citas, o martes 30, ás 18.30 horas. Entón gozarase con “Espantallo amigo”, unha adaptación teatral de Os Quinquilláns da obra de Xosé Neira Vilas, que ademais se reedita con ilustracións de Xaquín Marín. Conta a historia dun espantallo que aproveita un refacho de vento para viaxar e ver mundo e diríxise a nenos a partir de sete anos. A entrada é gratuíta pero hai que recoller as invitacións na taquilla de Jofre. Pódese facer desde hoxe, cun máximo de tres por persoa.
O teatro ferrolán abrirá tamén hoxe para a Mostra de Corais de Persoas Maiores. Será a partir das 17.30 horas. Actuarán a coral de Afundación, Estrelas do Mar (Cedeira), Eterna Xuventude (Fene) e Airiños (do barrio de Caranza).
Tamén hoxe a Coral Polifónica Ferrolana do Casino canta o seu concerto de Nadal. Farao na concatedral de San Xiao, a partir das 20.30 horas. Pedro Pina Requena dirixe a este grupo, que estará acompañado ó piano por Iago Casal Porto. Panxoliñas nunha primeira parte e, na segunda, temas operísticos e de música popular (como o “Hymne à l’amour” de Edith Piaf), comporán o programa.
Tamén a música será a protagonista no Ateneo Ferrolán, que continúa cos concertos en colaboración coa Escola da Vaca. Se onte houbo un recital didáctico de blues, a cita de hoxe, ás 17.30 horas, ten como protagonista o canto.
En Caranza, no Centro Cívico, a asociación veciñal e o Concello organiza un festival a favor de Cáritas parroquial. Será a partir das oito da tarde, coa actuación da Banda Ferrolá de Música. Poderán facerse donacións ou aportar alimentos (sobre todo leite, aceite e cacao) para tentar superar a tonelada recollida o ano pasado.

Magín Blanco encherá esta tarde o Torrente coas “Cantigas da estrela”

Te puede interesar