“‘Lobos’ é un canto ao amor pola miña cultura, polo meu folclore e polo que sinto cara ela”

“‘Lobos’ é un canto ao amor pola miña cultura, polo meu folclore e polo que sinto cara ela”
toxos e froles concerto de Davide Salvado

Din del que é tradición e modernidade. Forza e sensibilidade. Pura emoción e amor polo de seu, pola súa terra, as súas xentes e a súa cultura, un sentimento que, asegura, lle vén na xenética. Davide Salvado (Marín, 1981) defínese como un tipo normal que vive no rural e que ama o seu folclore, “o folclore que chegou a min dunha maneira case onírica, dunha maneira especial e enerxética, a través desas señoras que foron influenciadas por unhas vivencias diferentes ás de agora”. Mañá, o artista –seleccionado en 2014 polo xurado internacional do Womex, a feira de World Music máis importante do mundo– ofrecerá, ás 20.30 horas no Jofre un concerto dentro do ciclo “Na Raíz” promovido pola Concellería de Cultura de Ferrol. Presentará o seu último traballo “Lobos”.

Que nos ofrecerás no concerte do xoves
A Ferrol levarei o meu novo espectáculo, que é a presentación do disco Lobos. Estarei acompañado polos músicos Santi Cribeiro, Carliños Freire, Pablo Dalama e Cibrán Seixo. Haberá sorpresas de escenografía. Ademais, como o fago neste teatro que me gusta tanto, vai ser moi especial.  Para mín é o teatro máis bonito e que mellor sona de Galicia.

De “Lobos” salientan que é “o amor atual pola tradición, pola terra, pola lingua...”
Si, o amor pola miña cultura, polo que se fixo e que parecese que está desexando desfacerse ou non, nunca se sabe isto. Pero si, é un canto ao amor pola miña cultura, polo meu folclore e polo que sinto eu cara ela.

Cando aparecen estes sentimentos en Davide Salvado?
Este sentimento ven na xenética. Sempre está en min. O que si que foi mudando, ás veces decepciónate e outras alégrate. É unha alegría ser desta terra, vivir nesta terra e estar rodeado desa cultura inmensa. Por outra parte é unha mágoa que as administracións e a xente que ten algo de poder non as manteña, non as coide e sobre todo que non axude a xente con sensibilidade para poder mantelas. Esto é unha mágoa e disto non estou orgulloso.

Que diferencia este último traballo dos anteriores?
Lobos é un traballo que conceptualmente é o mesmo de sempre, porque o canto coa mesma intensidade e emoción que calquera cousa que canto, pero o distinto é que este disco está moi pensado, moi traballado desde o personal, é un disco moi íntimo, bastante máis íntimo que por exemplo Árnica Pura, pero o proceso físico do traballo foi distinto. Neste me impliquei moito máis fisicamente, estaba vivindo outras situación… é un traballo como máis íntimo.

Como definirías o momento que vive o folclore tradicional?
Desde o punto de vista personal, vive un momento fantástico, porque eu estou nun bo momento, penso que dou o mellor de min ao folclore e á cultura deste país, moitísima xente que coñezo que se adica ao mesmo tamén; pero a nivel administrativo está peor que nunca. Eu viaxei a Canadá e non recibín nin unha soa axuda do goberno de Galicia e isto noutro país non pasa. Estarei ademais moi contento cando nas vilas, nos pequenos concellos, nas aldeas, haxa música tradicional na escolla das festas, aí pensarei que Galicia vai ben a nivel cultural. Cando vexo que nunha microaldea na que hai catro veciños pídese un crédito para traer á Panorama, creo que non vai ben o país.

Que sente vostede cando atopa o respaldo no estraxeiro a  un folclore tan tradicional e identitario?
A sensación é moi boa. É unha marabilla que xente tan afastada desta cultura pois perciba as cousas como ten que ser, por pura emoción, independentemente da cultura, do idioma, a música, e o concpeto; se chega a emoción xa é suficiente. E sempre chega. Eu teño moitísima sorte cando vou por aí a tocar en palcos polo mundo a xente o recibe como eu pensó que hai que recibilo, con amor e con emoción, sobre todo emoción. O malo é que non pase ou non se demostre tanto aquí.

“‘Lobos’ é un canto ao amor pola miña cultura, polo meu folclore e polo que sinto cara ela”

Te puede interesar