Os libros despíndense hoxe do Cantón

Os libros despíndense hoxe do Cantón
Feria del Libro en Ferrol

Trala celebración onte do seu día grande, a XXVII Feira do Libro de Ferrol pechará hoxe o telón cunha xornada na que a literatura compartirá protagonismo co xadrez, grazas á colaboración do Círculo Ferrolán. Á exhibición, a partir das 12.00 horas, de partidas simultáneas entre dous rapaces de dez anos con todos os demais nenos que desexen participar na cita, seguirá, desde as 18.30 horas, a terceira edición da Mostra Popular de Xadrez. 
Nela, escolares de Primaria que toman parte no programa educativo municipal “Xadrez nas escolas” –subvencionado polo Concello e no que están implicados todos os colexios da cidade– mediranse en diferente partidas.

sinaturas de libros
O programa desta derradeira sesión da “Festa da lectura, do libro e da palabra”, que durante cinco días reuniu na praza da Constitución, no Cantón, a oito librarías, incluirá as sinaturas de libros dos autores J.J. Prieto –12.00 horas na caseta da Central Librera– e de Antonio Seijas –18.300 no posto de Nobel–. 
Ás 19.00 horas, terá lugar unha conferencia arredor do papel da muller na literatura romántica. Será impartida por Trinidad Palacios e contará coa participación de María José Losada, Teresa Cameselle e Silvia Barbeito.

Os libros despíndense hoxe do Cantón

Te puede interesar