Un libro recupera a curiosa historia do Pazo de Barallobre

Un libro recupera a curiosa historia do Pazo de Barallobre
Copia de Diario de Ferrol-9999-99-99-999-55ddf9f6

Ao abeiro da exposición que sobre o desaparecido Pazo de Barallobre se celebrou o pasado mes de outubro na parroquia fenesa, mañá ás 19.00 horas preséntase na Liga de Amigos un libro que recolle fotografías e historias relacionadas co antigo inmoble levantado en 1591 e derruído definitivamente en 1979.

Editado por Son Radiofusión, o volume contén textos de Henrique Sanfiz e fotografías de Ovidio Aldegunde. A tirada foi só de 100 exemplares que se poñerán á venda nese acto, recolle reproducións a toda cor da maioría dos cadros que se espuxeron na mostra. No acto falarán distintos veciños e veciñas de Barallobre das súas lembranzas da edificación señorial.

Demanda de información

Segundo conta o autor dos textos, Henrique Sanfiz, a obra naceu tralas charlas que impartiu en Barallobre ao redor da historia do pazo e da demanda popular de coñecer os datos alí aportados. En canto ao contido, o libro recolle un retrato e o historial militar de Antonio Moscoso Vázquez (1790-1853) un destacado artilleiro, que participou na montaxe da artillería de numerosos portos das Illas Canarias, dirixiu a fábrica de pólvora de Murcia e a de fundición de Sevilla e foi xefe da escola do Departamento de Artillería de Valencia. O militar foi condecorado pola súa participación en numerosas batallas, entre outras na de Pontesampaio en xuño do ano 1809.

Tamén merece un repaso, na publicación de Sanfiz e Aldegunde, a vida de Antonio Jaspe Moscoso (1856- 1887), pintor romántico que retratou a Farruco de Montrove, gaiteiro de sona na comarca das Mariñas, co que se converteu no primeiro artista que realiza a reprodución pictórica dun gaiteiro. Considerase un feito histórico de dignificación da música popular galega.

Un libro recupera a curiosa historia do Pazo de Barallobre

Te puede interesar