Lembranzas do Condado leva ao Jofre o seu traballo etnográfico en Noicela

Lembranzas do Condado leva ao  Jofre o seu traballo etnográfico en Noicela
\XV encontro folclórico cidade de Ferrol Lembranzas do Condado

Desde 1982 ata finais dos anos 90 investigadores do folclore galego de Ferrol atoparon na parroquia de Noicela, en Carballo, unha mina de ouro. Non só a existencia de cantigas únicas senón unha forza á hora de cantar e de bailar en xentes que xa levaban anos xubiladas. O exemplo de Noicela serviu para dar contido ao espectáculo que a asociación de Doniños Lembranzas do Condado estrea mañá no Jofre dentro do XVII Encontro Folclórico Cidade de Ferrol, que por terceira vez organiza a entidade no Teatro Jofre.
Lembranzas do Condado estarán acompañados de Danças do Carreço, e Portugal; Retrouso de Cela, de Bueu; o grupo Etnográfico das Mariñas, de Ferrol, así como a formación teatral de Covas O Maxolo, que presentará a gala. Aínda que a entrada é libre, hai que retirar a invitación. Pode facerse desde hoxe en horario de 11.00 a 13.00 horas, e de 18.00 a 20.00.
O programa de actuación comezará fóra, xa que desde as 19.00 horas haberá un pasarrúas polo centro da cidade con máis de 120 participantes entre todas as formacións. Ás 20.00 horas comezará o Encontro que despedirá Lembranzas do Condado interpretando as cantigas e os bailes inspirados en Noicela. Ademais, entre as actuacións da agrupación de Doniños, o grupo O Amaxolo Teatro, que presenta a gala, levará a cabo regueifas propias da tradición do país.

experiencia única
Desde Lembranzas do Condado destacan que ainda que quixeran traer aos veciños que os forneceron de tanta riqueza cultural non poden, porque “os que non morerron xa están moi maiores”. En calquera caso recordan que “todo o pobo se poñía en pé cada vez que chegábamos ao berro de “Aí están os de Ferrol”, e durante horas cantaban, bailaban e recitaban poemas. Sen importar a idade, aínda que os máis novos non baixaban dos 40 anos”. A relación durante tanto tempo deu pé a anécdotas. “Se había partido de fútbol pola televisión tanto homes como as mulleres do pobo ían ao bar a velo e non se movían de alí ata que remataba. Iso si, despois estaban con nós e nos ensinaban a súa tradición co mesmo entusiasmo que os outros días. Para nós a experiencia de Noicela foi o mellor que nos pasou como investigadores da nosa etnografía”.

Lembranzas do Condado leva ao Jofre o seu traballo etnográfico en Noicela

Te puede interesar