Joaquín Reyes, Alberto San Juan ou Leo Nucci, novidades no próximo trimestre cultural

Joaquín Reyes, Alberto San Juan ou Leo Nucci, novidades no próximo trimestre cultural
Diario de Ferrol-2015-02-28-013-cc38697e

A Concellería de Cultura de Ferrol presentou onte os espectáculos para o Teatro Jofre e o Auditorio de Caranza que completan a programación dos meses de abril a xuño. Numerosos monologuistas, espectáculos musicais, rock, música clásica e total ausencia de teatro en galego para adultos, do que en todo un ano só se programaron dúas obras.

Se no mes de marzo pasarán por Ferrol a Orquestra Sinfónica de Galicia, Luz Casal, Tanxarina Teatro ou a Real Filharmonía de Galicia, a novidade é que o día 8 de abril o gran barítono Leo Nucci actuará no Auditorio. Por alí pasarán tamén Leiva (o día 18) ou Lori Meyers (o 25). No Jofre estará a monologuista Ana Morgade (día 19). O día 26 o grupo local Concerto Tempo actuará no Teatro Jofre.

Aposta final

O teatro destaca na programación do mes de maio. Así, Yllana estarán no Jofre o día 3 con “The Gagfather”, mentres o 9 Alberto San Juan interpretará o monólogo “Autorretrato de un joven capitalista español”. O popular Carlos Sobera protagoniza a comedia “El ministro” (día 23), e Cristina Fernández, a premiada “Harket” (día 30). O tenor Celso Albelo pasará polo Auditorio o 2 de maio, mentres o cantante xuvenil Abraham Mateo actuará o día 22. O sábado 16 o Jofre acollerá o musical infantil “Hansel y Gretel”. Finalmente, o 7 de xuño Joaquín Reyes e Ernesto Sevilla protagonizan o espectáculo “Viejóvenes”, rematando o 13 de xuño coa obra “Al final de la carretera”, con Melanie Olivares.

Para o concelleiro de Cultura ferrolán, Reyes García, esta é a programación para “pechar o mandato, independentemente de se segue este equipo ou vén un novo”.

Joaquín Reyes, Alberto San Juan ou Leo Nucci, novidades no próximo trimestre cultural

Te puede interesar