Intensa xornada de labores artesanais na XIII Xuntanza de Palilleiras da vila de Cedeira

Intensa xornada de labores artesanais na XIII Xuntanza de Palilleiras da vila de Cedeira
O encontro tivo lugar en xornada de mañá e tarde no Polideportivo da vila daniel alexandre

Co encaixe de bolillos como o principal protagonista, que non o único –tamén hubo espazo para o patchwork ou os bordados tradicionais, onte desenvolveuse no Polideportivo municipal de Cedeira unha nova edición, a décimo terceira, da Xuntanza de Palilleiras.
Baixo a organización da Asociación de Amas de Casa da vila, a cita contou coa colaboración do Concello así como dos hostaleiros e comercientes do municipio, grazas aos cales, un ano máis, puidéronse incluír varios sorteos de agasallos entre os participantes. Arredor de medio milleiro de persoas secundaron un encontro ao que chegaron palilleiras de diferentes puntos da comunidade galega e mesmo de comunidades como Asturias e Castela e León.
Tampouco faltou, como non podía ser doutro xeito, a representación das entidades e asociacións de palilleiras existentes na comarca de Ferrolterra, onde a afección a esta técnica semella ir en aumento ano tras ano. Todos os que onte se deron cita na vila cedeiresa tiveron ocasión de amosar a súa destreza artesanal e compartir experiencias ao longo dun encontro que tivo lugar en xornada de mañá e tarde.

Intensa xornada de labores artesanais na XIII Xuntanza de Palilleiras da vila de Cedeira

Te puede interesar