Los Inhumanos, La Pegatina ou El Combo Dominicano actuarán nas festas de Cedeira

Los Inhumanos, La Pegatina  ou El Combo Dominicano actuarán nas festas de Cedeira
Diario de Ferrol-2015-08-01-009-e5281625_2

Cun festival de bandas, o próximo domingo 9 comezan en Cedeira as festas de verán que se prolongan ata o día 17. O pregón das celebracións correrá a cargo da asociación Robaleira na tarde do día 13. Numerosos grupos e orquestras animarán esta semana grande cedeiresa e non faltará a popular formación El Combo Dominicano, o día 15, ou unha xornada intensa o 16 coas actuacións do grupo local de soul The Barefoots, o regreso dos humorísticos Los Inhumanos ou a banda catalá de ska e rumba La Pegatina. 
Polo medio, outros concertos de grupos de rock como Sanford Music Factory, The Hellbuckers e Moon Cresta (o día 13), ou orquestras como Alkar, Trova, Esencia ou Galilea. Non faltarán as actuacións das bandas de Cedeira, nin actividades alleas á música, desde deportivas ata xogos populares no paseo da Mariña. Así ata o luns 17, a despedida das festas co día da Xira na vila mariñeira.

Los Inhumanos, La Pegatina ou El Combo Dominicano actuarán nas festas de Cedeira

Te puede interesar