O IES de Fene recibe aos seus socios europeos no proxecto Action! de creación de curtas

O IES de Fene recibe aos seus socios europeos no proxecto Action! de creación de curtas
Copia (2) de Diario de Ferrol-9999-99-99-999-d3ab539f

O proxecto europeo “Action!” no que o IES de Fene participa xunto a outros centros de Turquía, Rumanía, Polonia e Francia, celebrará esta semana no devandito centro educativo de Ferrolterra un novo encontro, o penúltimo, entre todos os socios. Arredor de 65 persoas, entre profesorado e alumnado, compartirán sesións de traballo, mais tamén de lecer, arredor dunha iniciativa académica que ten como eixo central a creación de curtametraxes. Os alumnos foron os protagonistas en todo o proceso de creación das pezas audiovisuais, tanto da gravación, como a montaxe e mesmo a interpretación.
Trala chegada hoxe dos participantes estranxeiros, o programa de actividades a desenvolver durante toda a semana dará comezo mañá martes cunha mesa redonda con xente vinculada ao mundo do cine europeo. O mércores será o turno, entre outras cousas, para a proxección das curtas nominadas de cada un dos centros e presentación por parte dos seus creadores, para despois coñecer os votos recibidos por cada unha. Os premios aos seleccionados serán entregados o domingo, no teatro Jofre, no decurso dun festival que servirá como colofón ao encontro. Visitas, obradoiros e sesións de traballo completarán a axenda dos participantes no proxecto.

O IES de Fene recibe aos seus socios europeos no proxecto Action! de creación de curtas

Te puede interesar