A humanización dos coidados, eixo central da III Xornada TCAE organizada polo IES Leixa

A humanización dos coidados, eixo central da III Xornada TCAE organizada polo IES Leixa
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-62700c04_1

En 2012, o IES Leixa desenvolvía a primeira edición do que deu en chamar Xornada TCAE, un encontro centrado nos cometidos, necesidades e situación actual da área profesional dos Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría. Tan ben resultou a iniciativa, polo concurrida que estivo e o produtiva que foi, que o centro decidiu manter a cita no calendario cunha periodicidade bianual.
Trala celebrada en 2014, de novo cun éxito de participación, este mes terá lugar a terceira edición, ampliada ademais neste ocasión aos técnicos en Atención a Persoas en Situación de Depedencia.
Trátase, en ámbolos dous casos, de profesionais implicados na atención de persoas que pola súa situación precisan coidados especializados, ademais de ser dúas áreas que forman parte da oferta de ciclos de Formación Profesional que se imparten no instituto ferrolán.
O encontro terá lugar o 12 de maio no Pazo da Cultura de Narón, escenario no que se desenvolverán, en horario de mañá e tarde, as sucesivas conferencias e mesas redondas. 

programa
A meirande parte do programa xirará arredor do eixo central desta edición: a humanización dos coidados.  
“Uns e outros técnicos prestan coidados, axuda e atención a persoas cun problema de saúde nos seus eidos físico, psíquico e social actuando tamén sobre o contorno, o que implica manter un elevado grao de empatía coas persoas ás que atenden e as súas familias”, sinalan desde a organización.
Outro dos elementos claves no traballo destes profesionais é a capacidade para facer fronte ás complicadas situación, “sobre todo de tipo emocional, que xorden nunha práctica profesional onde as relación interpersoais son o fío condutor de todas e cada unha das actuacións”, engaden.
Evidenciar a necesidade da aproximación e implicación personal nos coidados a pacientes e dependentes; salientar a importancia das emocións na relación entre sanitarios /coidadores como fonte de mellora de asistencia en materia de saúde; ou destacar a importancia do contorno na mellora dos procesos asistenciais e de coidado aumentando a confortabilidade son, pois, algún dos obxectivos do encontro, que conta coa colaboración, entre outros, do Concello de Narón e diversas entidades públicas e privadas da devandita área profesional.
O xefe de Servizo de Cirurxía Cardíaca Infantil do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, Francisco Portela Torrón; profesionais dos servizos de Neonatoloxía e de Oncoloxía Pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (María Luisa Ponce e José Luis Brioso); a responsable da área de Humanización da EOXI Lugo-Cervo-Monforte, Gloria Enríquez; a doutora en Filoloxía Clásica da USC, María Teresa Amado; así como membros de entidades como Aspanemi, Alcer ou Aspanaes encherán de contido, coas súas  intervencións, o programa da Xornada, no que tamén se incluirán comunicacións.

A humanización dos coidados, eixo central da III Xornada TCAE organizada polo IES Leixa

Te puede interesar