Entre a historia e o turismo, Cedeira recuperou a tradición das vodas celtas do Lugnasad

Entre a historia e o turismo, Cedeira recuperou a tradición das vodas celtas do Lugnasad
Cedeira desfile das vodas celtas do Lugnasad

Un total de 30 parellas de Galicia, Madrid, Zamora, Asturias, Valladolid, Granada, Cantabria, Barcelona e incluso Lima (Perú), Río de Janeiro (Brasil) ou Portugal, e unha ducia local, casaron onte en Cedeira polo rito celta do Lugnasad cunha grande expectación e un tempo excelente. 
O druida Aneiros dos Ártabaros oficiou as cerimonias que encheron de actividade a vila mariñeira, nunha cita a cabalo entre a historia e o turismo, que serve de dinamización na vila e conta coa colaboración do Concello de Cedeira, a Asociación Amigos do Lugnasad, a Banda de Gaitas Robaleira, a Sociedade de Caza e Pesca Cedeira-Cerdido e diversos empresarios, comerciantes, artesáns e veciños de Cedeira. 
Na xornada de onte do Lugnasad, pola mañá levouse a cabo o desfile desde o Poboado da Magdalena ata a praza Roxa. Xa polo serán, houbo concorridos para nenos e maiores, e o acto culminou co ritual matrimonial e co posterior banquete de vodas.

Entre a historia e o turismo, Cedeira recuperou a tradición das vodas celtas do Lugnasad

Te puede interesar