Guillermo Llorca repasa os Ateneos na historia ferrolá

Guillermo Llorca repasa os Ateneos na historia ferrolá
guillermo llorca, durante a súa conferencia no ateneo ferrolán l.p.

O actual Ateneo Ferrolán recolle a historia de décadas de compromiso polo desenvolvemento cultural e social da cidade, segundo as reivindicacións de cada momento. O historiador Guillermo Llorca falou de toda esta traxectoria nunha conferencia que se celebrou na sede desta sociedade senlleira (no edificio rehabilitado da rúa Magdalena).
Así, o Ateneo apareceu en 1879 e tivo tamén unha interesante etapa de 1903 a 1907, para pasar despois pola II República e habendo tamén un Ateneo Sindicalista (de 1914 a 1915) e un Ateneo Cultural de Ferrol Vello, de 1934 a 1936.

investigacións
Guillermo Llorca é un fondo coñecedor da historia ferrolá, que ten analizado desde diferentes puntos de vista, sempre vencellado ás súas xentes e ás formas de vida. Recentemente publicou un libro sobre La Ibense con Embora. Tamén escribiu artigos sobre os Ateneos na cidade.

Guillermo Llorca repasa os Ateneos na historia ferrolá

Te puede interesar