O grupo Grus Art leva ao Ateneo unha experiencia artística baseada na improvisación

O grupo Grus Art leva ao Ateneo unha experiencia artística baseada na improvisación
Eva Veiga en el Ateno

O salón de actos do Ateneo convertiuse onte nun laboratorio de experientación artística coa fortuna de que os seus protagonistas son catro recoñecidos creadores. A excusa era a actuación-improvisación musical dos compoñentes de Grus Art, o percusionista e clarinetista Bernardo Martínez, e o intérprete de instrumentos de vento, Fito Ares. Ambos unidos no proxecto “Grus Art”, co que veñen de publicar o seu primeiro disco. Un artefacto no que a improvisación sobre o jazz e elementos da natureza é a cerna.
Na mesma liña improvisatoria e de liberdade creativa participaron tamén o recoñecido artista plástico, Alfonso Costa, un dos máis recoñecidos pintores galegos actuais, que realizou unha obra pictórica en directo inspirado pola música do dúo. Do mesmo xeito, compartiu escena a poeta eumesa Eva Veiga, multipremiada nos últimos tempos, que recitou moitos dos seus versos, e de poetas alleos, tamén baixo o signo da improvisación.

o manual de fran nieto
Mañá ás 20.00 horas presentarase no Ateneo o libro “Manual de fotografía macro e de aproximación”, do fotógrafo Fran Nieto.
O naronés é profesor de fotografía e especialista en macrofotografía e paisaxe. Forma parte do profesorado do primeiro posgrao universitario de fotografía de España. Imparte desde hai anos docencia sobre diferentes temas e e organiza congresos de divulgación de fotografía, participando en gran cantidade deles como poñente.

O grupo Grus Art leva ao Ateneo unha experiencia artística baseada na improvisación

Te puede interesar