O grupo de danza Alxibeira do Padroado de Cultura de Narón comeza unha xira por Cuba

O grupo de danza Alxibeira do Padroado de Cultura de Narón comeza unha xira por Cuba
13.12.2008 (Naron). Inauguración del pazo de la cultura de Naron el día 13 de diciembre de 2008 photos:kiko delgado,2008

Un convenio coa Universidad de Ciego de Ávila (Unica), levará este ano ao Grupo de Danza Tradicional Alxibeira, do Padroado da Cultura de Narón, a Cuba, donde nos vindeiros doce días da estancia –desde hoxe ata o 9 de agosto– realizará varias actuacións. 
Un total de 35 persoas parten hoxe ás 10.00 horas do Pazo da Cultura para chegar a La Habana sobre as 21.40 horas. A primeira das actuacións dos naroneses será mañá xoves, día 30, no Centro Cultural Rosalía de Castro de La Habana.
O programa deseñado para esta viaxe contempla unha segunda actuación o sábado 1 de agosto no Teatro Principal de Ciego de Ávila, onde os naroneses compartirán escenario co grupo de folclore da mencionada universidade, e o día 4 no complexo Hotel Blau Colonial.

doazón
A última das actuacións incluídas nesta xira terá lugar no Centro Gallego de La Habana, o 9 de agosto. Nesta convocatoria Luciano Fernández, director técnico do Padroado da Cultura de Narón, realizará unha doazón en representación do Grupo de Danza Tradicional Alxibeira ao Grupo de Danza Tradicional do Centro Gallego de La Habana. Os naroneses entregarán todos os elementos de percusión cos que actuarán eses días en Cuba –seis pandeiretas, un tambor e un bombo–, todos eles realizados nos talleres de construción de instrumentos que se organizan dende o Padroado da Cultura. 
Pola súa parte, os integrantes do grupo folclórico da Universidad de Ciego de Ávila (Unica) desprazaranse o vindeiro ano ao municipio naronés, onde tamén protagonizarán varias actuacións musicais en correspondencia coa visita deste ano.

O grupo de danza Alxibeira do Padroado de Cultura de Narón comeza unha xira por Cuba

Te puede interesar