Gran afluencia de público nas probas eliminatorias do Concurso de Piano

Gran afluencia de público nas probas eliminatorias do Concurso de Piano
XXVIII CONCURSO piano cidade de ferrol Jofre WON JAEYEON,Corea del Sur

Gran afluencia de público durante toda a fin de semana no teatro Jofre para poder asistir as probas eliminatorias do XXVIII Concurso de Piano Cidade de Ferrol. Narciso Pillo, presidente do comité organizador do certame, director da Banda Municipal de Ferrol e un dos grandes saxofonistas que deu a historia desta cidade destacaba onte o interese que teñen suscitado entre a xente as probas eliminatorias.
O coordinador do certame salientou o gran nivel existente nesta edición do certame, unha cita da que destacou a calidade dos músicos nacionais, asegurando que “os españois tamén son moi, moi bos, están a un nivel incrible”. Un dos momentos máis esperados das eliminatorias será a actuación desta tarde, ás 17.40 horas, do único representante da comarca, o fenés Gabriel López Rodríguez, que se suma así ao elenco dos máis de 34 concursantes, sete deles españois.
Nas probas eliminatorias desta xornada actuarán, por este orde, Irene Hierrezuelo (10.00 horas); Ji-Hwan Hong (10.40); Kisuke Iwakura (11.20); Kirill Korsunenko (12.05); Jacek Kortus (12.45) e María Lebedeva (13.25). Pola tarde comezará a sesión con Lee Jin-Hyeon (17.00); o fenés Gabriel López (17.40); David Malusà (18.20); Lee Nau (19.10); Natsuki Nishimoto (19.50) e Beatriz Nistal (20.30). Posteriormente daranse a coñecer os pianistas que se clasifican para a segunda rolda do concurso, na que tomarán parte entre doce e catorce intérpretes. Estes proseguirán coas eliminatorias abertas mañá e o mércores. O xoves e venres pola mañá xa serán os tres finalistas desta edición os que retomen os ensaios acompañados como é propio pola Sinfónica de Galicia, que este ano estará dirixida para tal ocasión por Enrique García Asensio. Estas probas desenvolveranse no auditorio de Ferrol, onde terá lugar a final deste ano. As entradas para o venres, ás oito da tarde, están á venda no Jofre e en www.ferrol.es/jofre ó prezo de dez euros.

Gran afluencia de público nas probas eliminatorias do Concurso de Piano

Te puede interesar