Ghazafelhos pecha a mostra de teatro infantil de Narón

Ghazafelhos pecha a mostra de teatro infantil de Narón

Máis de 6.000 alumnos e alumanas dos centros educativos de Narón pasaron o último mes polos espazos culturais do municipio no marco da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil que hoxe botará o telón. Faráo cunha nova función da obra “O país dos mandóns” da compañía Ghazafelhos, encargada de dar forma a esta última semana do programa.
A peza, que atopa no tema da igualdade o seu eixo central, desenvólvese precisamente nunha semana na que a loita contra a violencia de xénero cobra un especial protagonismo coa conmemoración, o mércores, do Día Mundial contra esta lacra social. 

xira por galicia
A compañía de teatro ferrolán vén de participar, ademais, nunha xira dirixida tamén a escolares das cidades de Ourense, Vigo e Pontevedra no marco dunha campaña en colaboración con Afundación.
Neste caso, Teatro dos Ghazafelhos puxo en escena a peza “Nana para un soldado”, a historia dun momento da guerra presentado dun xeito cómico e poético, no que se amosa o máis duro das contendas, ofrecendo, de novo, un tema que, por desgraza, volve formar parte da actualidade.

Ghazafelhos pecha a mostra de teatro infantil de Narón

Te puede interesar