Gatillazo leva o seu punk vital á sala Oh! Caramba das Pontes

Gatillazo leva o seu punk vital á sala Oh! Caramba das Pontes
o cantante evaristo pã¡ramos

Unha das bandas de rock con seguidores máis fieis dos anos 80 e 90 foi sen dúbida La Polla Records, formación entre o punk e o rock radical vasco. Os seus continuadores, co cantante Evaristo á cabeza, formaron hai uns anos o proxecto Gatillazo e este venres, a partir das 22.00 horas, actuarán na sala Oh! Caramba das Pontes. A formación vasca estará acompañada dos grupos de Fene Dpyss e Argón. O prezo da entrada anticipada é de 13 euros e na taquilla o propio venres, de 15.
No seu concerto pontés, Gatillazo persentará os temas do seu novo traballo discográfico “Siglo XXI” (Maldito Records), publicado o mes pasado. Trátase do quinto disco da formación alavesa e incide no seu plantexamento punk e de crítica social.

Gatillazo leva o seu punk vital á sala Oh! Caramba das Pontes

Te puede interesar