Garzón destaca o modelo de Ferrol en Común como “el camino a seguir”

Garzón destaca o modelo de Ferrol en Común como “el camino a seguir”
centro Cívico de Caranza. Mitin de Ferrol en Común con Alberto Garzón Yolanda Díaz Antón Sánchez y Jorge Suárez

Ferrol en Común inxectouse adrenalina para a semana final de campaña cun mitin no que contaron cunha das novas figuras da política estatal, o deputado de IU Alberto Garzón, que recordaba á súa chegada ó Centro Cívico de Caranza (con retraso tras vir directamente de Xixón) que tamén hai catro anos respaldara a EU, nun dos seus primeiros actos deste tipo. Para Garzón a candidatura de confluencia de Ferrol en Común é “un ejemplo de unidad popular y de cómo hay que ponerse de acuerdo en lo fundamental”. Confía nun “enorme y magnífico resultado” desta formación nas municipais e destacou como estas unións son “candidaturas para ganar, para transformar” que rachan “con cierta ética de la derrota” dos partidos de esquerdas. Está seguro “de que este es el proceso, el instrumento y el camino a seguir, y el ejemplo del que debería aprender toda la izquierda”.
O Centro Cívico encheuse e no mesmo vestíbulo ducias de persoas seguiron o mitin a través dunha pantalla. Falaron Carlos del Río (Podemos), Álvaro Montes (Anova), Antón Sánchez (Anova), Yolanda Díaz (EU), Alberto Garzón (EU) e o candidato, Jorge Suárez.
Antón Sánchez, interrompido por aplausos e as risas en numerosas ocasións, reivindicouse como herdeiro “de Castelao, de Bóveda e daqueles homes que soñaron un país: Galicia” e lembrou que “xa o PP puxo enriba da mesa o seu kit electoral: candidatos imputados, inauguración dunha liña de tren sen as medidas de seguridade e anuncio de contratos do naval. E nin se poñen colorados co historial que teñen de tomarlle o pelo á xente desta cidade e desta comarca”.
Díaz foi dura coa política do PP, que pon ó país “nunha situación de emerxencia social”, e repasou con emoción figuras relevantes alí presentes, respaldando o proxecto, como Amor Deus, Torrente, Miramontes, Sari Alabau, Pepe Lastra, María Luisa Sabio ou Carmen Parada.

Garzón destaca o modelo de Ferrol en Común como “el camino a seguir”

Te puede interesar