O fotógrafo Miguel Rodríguez mostra no Porto o variado mundos dos faros

O fotógrafo Miguel Rodríguez mostra no Porto o variado mundos dos faros
Diario de Ferrol-2014-10-24-016-4304703e

A Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol acolle desde onte a colección fotográfica “Sequere Lucem”, do artista mugardés Miguel Rodríguez. O autor centrouse nunha das figuras máis representativas da contorna costeira, os faros, para levar a cabo unha vintena de imaxes que son as que compoñen a mostra. Rodríguez levou a cabo fotografías de longa exposición que amosan como inflúe  o tempo a través das imaxes estáticas. Así mesmo, “Sequere Lucem” trata de pór en valor o patrimonio paisaxístico do litoral galego, entre Fisterra e Ribadeo.
Ademais das fotografías, a sala acolle pezas dos sistemas de axuda de navegación como lanternas de gas, ópticas de tambor ou unha maqueta do Porto Exterior. A mostra pode visitarse ata o 9 de novembro en horario de martes a xoves de 19.00 a 21.00 horas e de venres a domingo de 17.00 a 21.00. n

O fotógrafo Miguel Rodríguez mostra no Porto o variado mundos dos faros

Te puede interesar