Fotografía e colaxe, novas apostas expositivas do Torrente Ballester

Fotografía e colaxe, novas apostas expositivas do Torrente Ballester
Inauguracion Exposiciones Torrente

Desde onte o Centro Cultural Torrente Ballester acolle dúas novas exposicións que poderán verse nos próximos meses, centradas nas técnicas de fotografía e do colaxe.
Así “Espazo público / espazo privado”, comisariada por Mónica Maneiro, é unha mostra que quere indagar nos límites entre a imaxe pública e a imaxe privada a través de obras fotográficas e videocreacións. Trátase dunha mostra  protagonizada por fotógrafas galegas ou residentes en Galicia e entre elas están Carla Andrade, Emma Crichton, Carolina Cruz Guimarey, Amaya González Reyes, Cillas Seyde e Verónica Vicente. Tamén están as ferrolás Rita Gutiérrez Rivera e Ana Amado, con traballos inéditos e centrados esencialmente na súa cidade natal.

o ceo das ilusións
A outra exposición inaugurada onte foi “Fausto Isorna: O ceo das ilusións”, que ten como comisaria a Gemma Sesar. Nela o espectador asiste a unha gran selección de colaxes elaborados polo artista entre os anos 1993 e o 2014. As súas imaxes, plagadas de colorido e dun vibrante impacto visual, afrontan diferentes camiños de execución. Por un lado, aparecen as colaxes expresionistas onde a figuración é conseguida a partir da combinación de elementos estranos que ofrecen un intrigante resultado final.
Por outra banda, o seu traballo máis actual transita entre a arte pop e o surrealismo, eliminando fronteiras. Entre o material que amosa no Torrente Ballester poden verse colaxes para libros, carteis, discos do músico Narf ou exposicións sobre o “Merlín” de Álvaro Cunqueiro.
Ámbalas dúas mostras foron motivo dunha mesa redonda anterior á inauguración, que contou coa participación no centro comercial dos artistas e das comisarias das exposicións.

Fotografía e colaxe, novas apostas expositivas do Torrente Ballester

Te puede interesar