O festival Felipop adianta a súa celebración ao mes de xullo con dous días de concertos

O festival Felipop adianta a súa celebración ao mes de xullo con dous días de concertos
A cita musical terá lugar no parque de Hortiña de Limodre

A parroquia fenesa de Limodre cumprirá fiel á súa cita co festival de música Felipop, organizado desde 1998 pola Asociación Cultural Felicia. Este ano farao, porén, antes do habitual. A organización decidiu adiantar ao mes de xullo, concretamente aos días 21 e 22, unha cita que ata o de agora tiña lugar en agosto. Trátase, deste xeito, de non coincidir co intenso calendario de encontros musicais que teñen lugar no mes álxido do verán.


A programación incluirá dous días de concertos. Oito formacións, tres galegas e outras procedentes de diferentes puntos da xeografía española e incluso do estranxeiro, permitirán ao público gozar de diferentes estilos musicais, cumprindo así o obxectivo dun ecléctico festival que pretende ofrecer “un pouco de todo e tocar así diferentes paus”, tal e como apuntan desde a organización.
Cartel


Outra das novidades da presente edición pasa por adiantar un pouco a hora de inicio dos concertos, sobre as 21.30 horas. A programación arrancará o venres 21 coa actuación dos galegos Bifannah, aos que seguirán Fogbound, tamén de Galicia, e o estadounidense David Hooper & Resurrection Soul, que constituirán o prazo forte da xornada nun impresionante espectáculo de soul con oito músicos no escenario.


O cartel do día seguinte incluirá as actuacións de Espiño (Galicia), Los Estanques (Cantabria), Zodics (País Vasco) e Buguibún (Madrid). Formacións todas elas cunha acreditada traxectoria musical que animarán a festa pevista no mesmo escenario de sempre, o parque da Hortiña de Limodre.
Como é habitual, a organización habilitará unha zona de acampada gratuíta no campo de fútbol ubicado ao lado da zona dos conciertos.

O festival Felipop adianta a súa celebración ao mes de xullo con dous días de concertos

Te puede interesar