As Festas das Peras botaron o telón coa xira ao río Eume

As Festas das Peras botaron  o telón coa xira ao río Eume

Coa xira ao río Eume, como é tradición, puxo onte o concello de Pontedeume o colofón ao programa das Festas das Peras, que comezaron o pasado xoves. Centos de persoas animáronse como cada ano a gozar dunha actividade popular que incluíu un xantar  e tamén unha sesión musical amenizada polo grupo Maracuyá. A festa da derradeira xornada dos festexos patronais non rematou aí, xa que pola noite, a partir das once houbo verbena coa orquestra New York, na Praza do Conde. Deste xeito despediu a vila eumesa unha nova edición das súas grandes festas, marcadas este ano pola homenaxe ao poeta eumés Ramiro Fonte, nome que se lle deu á Biblioteca municipal da vila.
Os mómaros, concursos como o da cucaña ou o da froita, música e moitas outras propostas animaron durante estes últimos días o ambiente no municipio. l

As Festas das Peras botaron o telón coa xira ao río Eume

Te puede interesar