Ferrol volve participar no terceiro Recital Poético Solidario Internacional

Ferrol volve participar no terceiro Recital Poético Solidario Internacional
Branca Vilela é a impulsora desta iniciativa archivo ec

O próximo venres día 16 o mundo lerá poesía en simultáneo. Isto será posible grazas á realización do III Recital Poético Solidario Internacional, creado no 2014 pola poetisa coruñesa Branca Vilela, co fin de axudar a diferentes causas sociais en diferentes partes do planeta.
Este ano, e debido ás próximas datas que esperamos celebrar, a idea do grupo de artistas ferroláns que se suman a esta causa foi a de recaudar xoguetes novos para os nenos de familias máis desfavorecidas. “Un libro, un xogo... da igual o que, pero que estea novo porque o sorriso dun meniño que nunca tivo nada así é algo que emociona”, explica unha das participantes no certame, Aurora Varela.
Cáritas será a encargada de facer acopio de todas as donacións que faga o público que se achegue o día 16, ás oito da tarde, á galería Sargadelos. “O xesto é voluntario e a cambio nós imos agasallar o que temos, os nosos poemas”, comenta Varela, que está acompañada de Antón Cortizas, Rosa Méndez, Xosé Leira, Carme Romero, Xurxo Gago, Rosa Martínez, Juana Corsina e Mariola Hermida.
A Coruña, Arteixo, Pontevedra ou Ourense son algunhas das cidades galegas que tamén participan nesta iniciativa, ao igual que Madrid, Barcelona, Ibiza, Sevilla ou as Canarias, a nivel nacional. Honduras, Miami, Arxentina e Holanda, son os países extranxeiros que están confirmados, aínda que territorios como Italia poden sumarse.
Cada un, debe elixir unha causa social coa que colaborar e recaudar así doacións ou elemenos para os máis necesitados de cada zona.
Dende a organización, que xa teñen todo preparado para a ocasión debido “ás grandes facilidades que nos deron tanto Cáritas como Sargadelos, que aceptaron á primeira”, esperan que o proxecto conte co éxito acadado nas pasadas edicións. “Nos con arrincar un sorriso a un neno xa estamos contentos”, asegura Aurora Varela.

ganas de axudar
Branca Vilela tivo a idea hai dous anos, polo que púxose en contacto con diferentes poetas de distintas partes de España e do mundo para que fixesen deste proxecto un compromiso internacional. O fin, daquela, era recaudar fondos para os comedores sociais, e de seguir así, cada ano disfrutarán de máis éxito que lles faga chegar a cubrir moitas carencias da nosa sociedade.
A paixón polo mundo da poesía fixo que Vilela forme parte da Asociación de Escritores en Lingua Galega, sexa socia fundadora do Pen Club España e pertenza á comisión de mulleres escritoras do Pen Club Internacional.
Ademáis de ser a impulsora deste recital, foi a codirectora das Xornadas Literarias: Fisterra Patrimonio Cultural Europeo.

Ferrol volve participar no terceiro Recital Poético Solidario Internacional

Te puede interesar