Ferrol estará presente nos Premios Goya coa curtametraxe “O Xigante”

Ferrol estará presente nos Premios Goya coa curtametraxe “O Xigante”
Diario de Ferrol-2014-01-08-015-6d9d30f1

Por cuarta vez a produtora ferrolá Chelo Loureiro opta a un Goya por un traballo de animación. Onte soubéronse os finalistas dos premios do cinema español e “O Xigante”, a curta estreada no Teatro Jofre o 18 de marzo de 2012, competirá o próximo 9 de febreiro cos traballos “Blue & Malone, detectives imaginarios”, de Abraham López Guerrero; “Cuerdas”, de Pedro Solís García, e “Vía Tango”, de Adriana Navarro Álvarez.
Para Loureiro e a súa produtora Abano, que xa estivo a piques de gañar en Madrid con traballos como “De Profundis”, “A flor máis grande do mundo” e “A tropa de trapo”, esta prestixiosa  competición “é unha lotería, pero ser un dos dez finalistas xa foi un éxito e agora, un dos catro candidatos máis porque sempre se presentan moitos e moi bos traballos. A nosa esperanza é que das catro curtametraxes que podemos gañar a nosa é a que ten un maior percorrido con 20 premios ao longo de 60 festivais internacionais nos que participou e galardóns como o Mestre Mateo. A ver se serve de algo!”.
A produtora ferrolá tivo tamén unhas palabras de agradecemento para as concellerías de Turismo e Cultura do Concello de Ferrol, que apoiaron desde un principio o traballo.

un canto á paternidade
Dirixida por Julio Vanzeler e Luis da Matta, “O Xigante” é un traballo dun fondo alento poético que narra o importante que é medrar e o traballo que os pais fan para que iso suceda. “O Xigante” ten unha duración de dez minutos é contou cun presuposto de 300.000 euros. Ademais da produtora ferrolá participaron outras tres empresas procedentes de países como Portugal, Brasil e Reino Unido.
Entre as imaxes que se poden ver en “O Xigante” hai que destacar algunhas que non naceron estritamente da imaxinación dos creadores, como a zona de Entrecastelos da ría de Ferrol que ilustra algúns dos carteis da curtametraxe. n

Ferrol estará presente nos Premios Goya coa curtametraxe “O Xigante”

Te puede interesar