Ferrol comeza a lembrar a figura de José Canalejas tralo centenario do seu pasamento

Ferrol comeza a lembrar a figura de José Canalejas tralo centenario do seu pasamento
canalejas, á dereita, minutos ante de ser asasinado

Aínda que foi en 2012 o ano do centenario da morte de José Canalejas (1854-1912), é neste 2013 cando o Concello de Ferrol está a ultimar actividades que lembren a figura dun dos dous políticos da cidade que acadaron o poder do Estado. Como recordaba onte Reyes García, concelleiro delegado de Cultura, “un gran desconocido”.

A falta de anunciarse novas iniciativas, a única actividade confirmada desde o Concello de Ferrol é a conferencia que o próximo 15 de febreiro acollerá o salón de plenos municipal. Será ás 19.00 horas, con entrada libre, e estará impartida pola catedrática de Historia Contemporánea da Universidade da Coruña Carmen Fernández Casanova.

 

figura liberal

Intelectual e político, José Canalejas foi o presidente do Goberno de España entre o 9 de febreiro de 1910 e o 12 de novembro de 1912. Político liberal, nos seus anos de poder tratou de cambiar as raíces do sistema da Restauración (no que se alternaban liberais e conservadores) con diferentes leis para modernizar e democratizar o país (eliminación do caciquismo e fraude electoral) e de liberalo da influencia da Igrexa católica.

O seu terrible asasinato o 12 de novembro de 1912 a mans do anarquista Manuel Pardiñas foi o comezo da fin do partido liberal. Canalejas era fillo do enxeñeiro de ferrocarrís e director do periódico “El Eco Ferrolano” José Canalejas y Casas e de María del Amparo Méndez Romero.

 

Ferrol comeza a lembrar a figura de José Canalejas tralo centenario do seu pasamento

Te puede interesar