Ferrol acolle hoxe varias mobilizacións para rexeitar a Lomce e as reválidas

As mobilizacións en contra da Lomce e das reválidas implementadas coa entrada en vigor da polémica e tan rexeitada lei educativa aprobada polo PP voltarán hoxe á rúa por partida doble.
En Ferrol, o primeiro dos actos de protesta será o convocado polo Sindicato de Estudantes e a Confederación Galega de Anpas de centros públicos (Confapa), enmarcado no calendario de accións que se desenvolverán no conxunto do estado español.
En Ferrol, a cita consistirá nunha manifestación que ás 12.00 horas partirá desde o Edificio da Xunta, na praza de España. Desde a devandita organización estudiantil chaman ademais á mocidade a secundar hoxe unha xornada de folga para protestar por unha medidas que consideran atacan á educación pública.
“Chamamos á mocidade á rebelión, a baleiras as aulas de todos os institutos, nunha gran folga que paralice a educación en todo o Estado... Chamamos a todo o profesorado, nais e pais e ás súas organizacións a saír a loitar ombreiro con ombreiro co movemento estudiantil, estendendo a folga a toda a comunidade educativa e que este sexa un primeiro gran paso nunha loita que debe manterse e ampliarse ata conseguir a retirada das reválidas e a derrogación da Lomce”, salienta desde o Sindicato de Estudantes.

plataforma galega
Pola súa banda, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, continuará hoxe co calendario de mobilizacións en rexeitamento da actual lei educativa e das reválidas coa convocatoria dunha concentración que terá lugar ás 19.00 horas diante do edificio administrativo da Xunta
Entre as numerosas adhesións a estas convocatorias de folga e protestas inclúese a do partido socialista e republicano Decide en Común quen, a través do secretario de Educación da súa Executiva Federal, Celso Posada, amosou o seu apoio ás mobilizacións para esixir a derrogación da lei educativa . n

Ferrol acolle hoxe varias mobilizacións para rexeitar a Lomce e as reválidas

Te puede interesar