A Feira Rural de San Sadurniño logra ser un referente na actividade comarcal

A Feira Rural de San Sadurniño logra ser un referente na actividade comarcal
Feira Rural de San Sadurniño

O Concello de San Sadurniño non podía deixar de manifestar onte a súa satisfacción pola participación e asistencia á Feira da Plantación, que onte se celebrou no lugar da Cortiña, ao pé do río Xubia. Só ata o mediodía desde Protección Civil cifraba nunhas 5.000 persoas as que visitaran o evento. 
Do cento exacto de postos participantes, 26 foron de produtos da terra e alimentarios, 24 de artesanía, 28 de artigos de segunda man, 13 que unen na súa oferta artesanía e artigos de ocasión e media ducia de viveiros de flor e planta. Houbo obradoiros de cociña, sorteos, visitas guiadas á horta de froiteiras e ao colmear didáctico, catas de sidra, queixo e viño do país, actuacións musicais, paseos en canoa polo Xubia, así como unha exposición de cans de raza palleira e unha marcha cicloturista. Cans de diferentes tamaños e razas protagonizaron a IV Copa Agility Concello de San Sadurniño, seguida pola tarde dunha espectacular mostra de pastoreo canino.

A Feira Rural de San Sadurniño logra ser un referente na actividade comarcal

Te puede interesar