A Feira do Mel e da Mazá de Ortigueira incluirá obradoiros, catas e outras actividades

A Feira do Mel e da Mazá de Ortigueira incluirá obradoiros, catas e outras actividades
Imaxe da feira do pasado ano | j.m.

Ortigueira cítase esta fin de semana coa XXIX Feira do Mel e III da mazá que incluirá un variado programa de actividades.
Estas comezarán o sábado, ás 12.00 horas, cunha visita didáctica á plantación de mazás de Estrella Galicia en San Claudio na que os participantes poderán gozar dunha degustación gastronómica e de sidra.
Pola tarde, ás 20.00 horas, celebrarase no establecemento Palomas unha “barferencia” titulada “Como saír adiante cos nosos recursos?” con Produtos do Ortegal. Intervirán membros da Asociación Galega de Froita Autócona; de AGA, Labrego do Couzadoiro e Actividades Estaca.
A xornada máis intensa vivirase o domingo, a partir das dez da mañá, coa apertura da carpa na Alameda. Ás 12.10 horas haberá unha cata de meles galegos para ás 13.00 horas proceder á entrega de diplomas aos colexios de Ortigueira e Mañón cuxos alumnos deseñaron o cartaz da edición. Media hora máis tarde actuará a Escola de Gaitas. Ás 14.00 horas, o colectivo Ortigueira entre Fogones elaborará tapas con mel, mazás e produtos do Ortegal.
Ás 16.00 horas será a quenda para un obradoiro de mel, ao que seguirá, ás 16.30 horas, unha demostración de extracción de resina y un taller de candeas. Ás 18.30 horas, será a quenda para unha queimada e magosto gratuíto.
A cita está organizada pola delegación do Ortegal da Asociación Galega de Apicultura e polo Concello de Ortigueira. l

A Feira do Mel e da Mazá de Ortigueira incluirá obradoiros, catas e outras actividades

Te puede interesar