A Federación de Anpas de Ferrolterra organiza tres charlas sobre as reválidas de 3º de Primaria

A Federación comarcal de Anpas de centros públicos de Ferrolterra organizou para a vindeira semana tres sesións informativas sobre as probas de avaliación (“reválidas”) de 3º de Primaria que terán lugar os vindeiros días 30 e 31.
O devandito colectivo de nais e pais de alumnos amósase totalmente en contra da celebración destas probas, que consideran “unha perda de tempo e un motivo de innecesario estrés para o alumnado e profesorado, ademais dun despilfarro inxustificado de diñeiro público”, entre outros motivos.
A primeira das sesións terá lugar no centro cultural Carvalho Calero de Ferrol, o vindeiro luns ás 18.30 horas.
O mércores 24 desenvolverase en Valdoviño (ás 17.30 horas no CPI Atios) e o xoves 25 en Narón. Nelas, representantes  da Federación presidida por Javier Sánchez, falarán da “importancia que ten manifestar o rexeitamento da realización dunhas probas que só pretenden afianzar a implantación da Lomce, a lei educativa máis prexudicial da nosa historia”, apuntan.
Chamamento
Desde a Confederación Anpas Galegas, da que forma a parte a Federación de Ferrolterra, fan un chamamento a todas as familias galegas que teñan fillos en 3º de Primaria para que os vindeiros 30 e 31 de maio non envíen aos seus fillos e fillas a clase como medida de rexeitamento ás devanditas probas.
A Consellería de Educación anunciou a finais de abril as datas de celebración dunhas probas cuxos resultados, segundo lembrou o departamento, non teñen ninunha repercusión no expediente académico dos alumnos nin polo tanto nas cualificacións obtidas polos rapaces no curso escolar. l

A Federación de Anpas de Ferrolterra organiza tres charlas sobre as reválidas de 3º de Primaria

Te puede interesar