Exposición con documentos inéditos de Federico Maciñeira

Exposición con documentos inéditos de Federico Maciñeira
federico maciñeira

No marco da homenaxe que realiza Ortigueira Literaria Dixital ao intelectual Federico Maciñeira, o próximo 1 de xuño, ás 20.30 horas, inaugurarase no Museo Ortegalia a exposición “Federico G. Maciñeira e Pardo de Lama. Inédito”. Esta mostra temporal, que se manterá aberta ao público até o 27 de xullo, expón un percorrido pola súa polifacética vida a través de documentos inéditos, imaxes e obxectos relativos ao seu traballo, así como permite gozar de diversas pezas arqueolóxicas da súa colección.
A continuación terá lugar unha mesa redonda na que intervirán Xosé Lois Armada Pita, Xosé Carlos Breixo Rodríguez, Fernando Pérez Sampedro e Anxo Rosende.

Exposición con documentos inéditos de Federico Maciñeira

Te puede interesar