O dramaturgo José Prieto debuta no rock como líder de Auténticos Farsantes

O dramaturgo José Prieto debuta no rock como líder de Auténticos Farsantes
Diario de Ferrol-2015-07-30-011-da7d41ea_1

Á pregunta de se un recoñecido dramaturgo se mete no mundo do rock para pasar o tempo e divertirse, José Prieto ofrece unha resposta tan inesperada como contundente: “Se hai vinte anos me din que ía vivir de escribir para o teatro e facer guións de televisión, non o creería, así que nunca se sabe e non vou facer coñas con esta historia”. 
O proxecto musical de Prieto, Auténticos Farsantes, leva xa un par de concertos e hoxe ofrece outro ás 22.30 horas na sala Súper 8. Son actuacións de rodaxe para o debut oficial que será o próximo 11 de setembro na sala ferrolá. Hoxe Prieto e os seus compañeiros Chek e Carlos Mosquera “Mos” (o batería Fran non actuará) ofrecerán un concerto acústico cos seus temas aos que seguirá unha actuación en solitario do propio Mos.

raíz teatral 
Como define Prieto, “son cancións que nacen das mesmas neuras das que xorden as miñas obras de teatro, pero nada de nostalxias e si moito de humor e ironía”. Entre os temas que interpretarán hoxe figuran os catro que teñen gravados: “De niñato a pureta”, “Los animales”, “Galego e agnóstico” e “Te quiero” (que poden escoitarse e descargarse desde a súa bandcamp).
Un número reducido que xa se está a incrementar. “Sí, non estamos facendo as catro todo o tempo, xa temos un repertorio dunhas 18 ou 20 cancións e a idea é a de continuar gravando”. En canto á faceta de cantante, Prieto asegura estar cómodo e que “como había tempo que non actuaba como actor, a verdade é que me apetecía subir a un escenario e facer algo distinto, como cantar”.

O dramaturgo José Prieto debuta no rock como líder de Auténticos Farsantes

Te puede interesar