A dobre titulación de Enxeñaría Mecánica e Naval implantarase o vindeiro curso con 20 prazas

A dobre titulación de Enxeñaría Mecánica e Naval implantarase o vindeiro curso con 20 prazas
politécnica superior campus esteiro alumnos informatica

O Consello de Goberno da Universidade da Coruña deu o visto bo na súa sesión de onte a catro novos programas de simultaneidade de estudos para o vindeiro curso 2015/2016. Entre eles inclúese a dobre titulación de Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Naval e Oceánica, unha proposta deseñada pola Escola Politécnica Superior de Esteiro coa finalidade de incrementar o número de alumnos na segunda das titulacións –con baixa demanda nos últimos cursos– e de paso seguir mellorando a súa oferta académica a través de alternativas máis atractivas para o alumnado. O novo programa, que botará a andar o vindeiro curso, disporá dun total de 20 prazas.
Esta ampliación implicará a redución de prazas en cada un dos dous graos. Así, o de Enxeñaría Mecánica terá dispoñibles 40 –por 60 do pasado ano– e o de Enxeñería Naval e Oceánica 30 –polas 50 do curso actual–.

prazas
Nas demais titulacións do campus de Ferrol non haberá cambios. Así, o Grao en Enfermería continuará ofrecendo 60 prazas, situándose en 50 no caso de Podoloxía. Nas dúas carreiras que se imparten na Escola Universitaria Politécnica de Serantes, os graos en Enxeñería Eléctrica e o de Electrónica Industrial e Automática, admitirase ata un máximo de 60 e 50 alumnos de novo ingreso, respectivamente. O Grao en Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto continuará con 70 prazas, as mesmas que un ano máis ofertará a Facultade de Ciencias do Traballo no seu Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
O Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais da Escola Politécnica Superior manterá a súa oferta en 60 vacantes.
Xunto ao programa de simultaneidade da EPS, o Consello de Goberno aprobou onte outros tres: o Grao en Inglés e o Grao en Español; o de Inglés e Galego-Portugués; e o de Español e Galego-Portugués. Nestes graos da área de Filoloxía dáse a opción tamén aos alumnos de terceiro curso de obter os dous graos, para o que se reservan un determinado número de prazas. Outras das novidades para o vineiro curso académico teñen que ver co cambio de denominación dalgunhas titulacións. Ademais, no grao de Arquitectura Técnica e de Enxeñaría de Obras Públicas baixará a oferta de prazas para adecualas á demanda.

A dobre titulación de Enxeñaría Mecánica e Naval implantarase o vindeiro curso con 20 prazas

Te puede interesar