Cultura reunirase con Eulen para analizar o contrato sobre o Jofre e o Auditorio

A concellería de Cultura manterá unha reunión cos responsables da empresa Eulen para analizar o contrato vixente de xestión dos espazos culturais da cidade. O concelleiro Suso Basterrechea resaltou que existen limitacións que proceden dese contrato, algunhas de xeito específico no tocante ao persoal, e que se analizará nunha reunión cos responsables da empresa. A realización de concertos no Auditorio implica, a maiores do contrato establecido con Eulen, a contratación de dúas persoas máis para ocuparse das salas, obrigatoriamente por seguridade, e a maiores outros dous técnicos. 
Durante o anterior mandato, lembrou, solicitou “que o Concello permitira o uso do Auditorio para determinados eventos benéficos ou incluso do Conservatorio de Música, para o que a resposta sempre foi que era moi caro”.
            Basterrechea resaltou que se tentará “traballar con intelixencia” para sacar o maior partido posible a dúas instalacións culturais “tan importantes” como o Teatro Jofre e o Auditorio. Paralelamente, traballarase en outros aspectos, como a vinculación do Auditorio co Conservatorio de Música, unidos por un pasillo que permanece pechado aínda que se abrirá.

equipamento insuficiente
Pola súa parte, a edil de Festas, Beatriz Sestayo, incidiu na “insuficiencia” do equipamento actual do Auditorio para atender determinados concertos, e lamentou que o PP poña como exemplo “concertos dos que existe constancia na facturación do Concello e da empresa que xestiona o Auditorio nos que se tivo que reforzar o equipo existente”.
Un reforzamento que, segundo asegurou Sestayo, tívose que facer para eventos que non supoñen “especiais dificultades técnicas”, como foi o mitin de presentación do candidato do PP. A concelleira de Festas asegurou lamentar que as mesmas persoas que criticaron a programación do concerto de Sés Ferrol foron as que logo arremeteron contra o goberno por non ter elixido o Auditorio no canto do Jofre. n

Cultura reunirase con Eulen para analizar o contrato sobre o Jofre e o Auditorio

Te puede interesar