Cultura convoca a primeira asemblea aberta o día 3 no Torrente Ballester

Cultura convoca a primeira asemblea aberta o día 3 no Torrente Ballester
RP Suso Basterrecha

O movemento se demostra andado pero o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, xa vai correndo: o próximo venres día 3 de xullo cita aos axentes culturais da cidade, creadores, asociacións e calquera cidadán interesado neste eido a unha reunión aberta a partir das 20.00 horas no Centro Torrente Ballester (CTB). “Esta xuntanza ten como obxectivo trazar unhas liñas xerais para elaborar un programa de acción. Será unha asemblea de carácter preparatorio para as xornadas da semana seguinte ou de mediados de xullo ao máis tardar”, informa.
As xornadas ás que se refire o inquieto edil tamén se celebrarán no CTB xa que como suliña o concelleiro o seu obxectivo é “dignificar os nosos espazos e dinamizalos máis”.
Así, durante unha ou dúas semanas, tralo acordado na asemblea do día 3, o concelleiro e as forzas culturais da cidade reuniranse por sectores para traballar conxuntamente e organizarse para crear un ente permanente con carácter consultivo ao xeito dun padroado. “Esta asemblea definitiva servirá para crear un catálogo de  produtores culturais que será clave á hora de repartir recursos”, destaca. Así mesmo, Basterrechea anunció que no labor de dignificación dos espazos culturais existentes irían máis alá da súa programación habitual e a intención do seu departamento é o de convertelos en “lugares de produción plástica e audiovisual, incluíndo becas, pero para o que aínda debemos ter en conta o que temos nos presupostos”.

Cultura convoca a primeira asemblea aberta o día 3 no Torrente Ballester

Te puede interesar