O Couto rende tributo ao seu produto estrela, o pemento, na XIX Festa Gastronómica

O Couto rende tributo ao seu produto estrela, o pemento, na XIX Festa Gastronómica
Local social do Couto Showcooking con Lucía Freitas del grupo Nove dentro de los actos de la Festa do Pemento

Caracterízase pola súa cor verde escura, a súa textura fina e xugosa e, sobre todo, porque non pican. Os pementos do Couto, o produto con máis sona da devandita parroquia naronesa, son desde onte os protagonistas da XIX Festa Gastronómica coa que cada ano se lles rende tributo.
Se ben as actividades comezaron xa onte, a de hoxe será a xornada máis intensa dun programa que reunirá a centos de persoas arredor desta especie. A festa arrancará ás 13.00 horas coa lectura do pregón a cargto do Doutor en Botánica Carlos Rodríguez Dacal.
Media hora máis tarde terá lugar a entrega do Pemento de Honra ao Grupo Nove Cociñeiros. De recoller o galardón encargarase Xoán Crujeiras, membro da asociación e propietario do Restaurante Bido (A Coruña), donde precisamente o venres tivo lugar un “showcooking” no que se presentaron varias elaboracións a base deste vexetal.
Xantar
Sobre as 14.00 horas comezará o xantar, cun menú a base de churrasco, cachelos, pan, auga, viño e café ao tizón –12 euros–. Entre as 17.00 e as 19.00 horas, o actor Suso Rodríguez converterase no cabaleiro naronés Froila Bermúdez –fillo dos Condes da Traba– para guiar desde o local social e ata o Mosteiro do Couto a todos os interesados en participar na visita guiada. A festa estará ademais amenizada pola música do grupo que a partir das seis da tarde comezará a tocar nas inmediacións do local social do Couto. O programa está coorganizado polo Concello de Narón, a Asociación de Veciños do Couto, a Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto e a Cooperativa do Val. l

O Couto rende tributo ao seu produto estrela, o pemento, na XIX Festa Gastronómica

Te puede interesar