O Conservatorio de Ferrol recibe a visita de alumnos e profesores da Escola Arteduca de Portugal

O Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol recibirá o venres e o sábado a visita dun grupo de once alumnos e cinco profesores da Escola de Música Arteduca de Famaliçao, Portugal, para compartir, durante os dous días, experiencias arredor da música mais tamén na propia cidade naval.
O encontro entre os dous centros incluirá o venres un concerto no que actuará o ensemble de corda dos alumnos lusos e no que tamén participarán estudantes de grao profesional do centro ferrolán. Interpretarán pezas de A. Correlli, Ángel Villoldo, S. Joplin, D. Stone, etc. A cita terá lugar ás 19.30 horas no Auditorio do Conservatorio e está aberta a todas as persoas interesadas, con entrada libre ata completar aforo. Xunto a esta actuación, a visita será aproveitada tamén para a realización doutras actividades conxuntas como sesións de clase e visitas pola cidade ferrolá.

coros
Non será esta, porén, a única actividade marcada na axenda do Xan Viaño para esta fin de semana. O sábado terá lugar, ás 19.00 horas no Auditorio de Ferrol, a terceira edición do Encontro de coros infantís, no que a formación ferrolá, o Peque Coro, compartirá escenario xunto ás agrupacións dos conservatorios de Santiago de Compostela e o e Lugo. Desde logo, unha oportunidade para gozar das interpretacións dunhas formacións que, no caso da ferrolá, chega case ao centenar de integrantes.

bandas sonoras
Por outra banda, xa foron publicadas as bases do VI Concurso de Interpretación de Bandas Sonoras de Películas organizado pola ANPA en colaboración co Conservatorio ferrolán. Haberá tres categorías (elemental, profesional e grandes agrupacións) e tres premios para cada unha delas. n

O Conservatorio de Ferrol recibe a visita de alumnos e profesores da Escola Arteduca de Portugal

Te puede interesar