A Confederación de Anpas Galegas achegará aos concellos as súas reivindicacións no ensino

A Confederación de Anpas Galegas achegará aos concellos as súas reivindicacións no ensino
Diario de Ferrol-2014-12-15-007-49d38eb1

A Confederación de Anpas Galegas, colectivo conformado polas federacións de diferentes comarcas galegas, entre elas a de Ferrolterra, celebrou o pasado venres unha xornada no municipio de As Pontes que resultou todo un éxito, en palabras dos propios organizadores.
A cita serviu, entre outras cousas, para avanzar algunhas das campañas que teñen previsto desenvolver no actual curso académico, como a que se centrará no tema da accesibilidade nos centros de ensino públicos –en colaboración con Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade)– e outra sobre a acción municipal no ensino público galego. A través desta última, trasladarase aos distintos concellos de Galicia “as nosas demandas aos distintos grupos políticos das nosas reivindicacións en defensa dun ensino público galego de calidade”, tal e como informou o presidente da federación da comarca de Ferrolterra, Javier Sánchez.
Xunto a el tomaron parte Xavier Santamarinha, que presentou a coordinadora de Anpas Abrente das Pontes, así como María Rei, da federación de Anpas da Costa da Morte. Sánchez apuntou así mesmo ao encontro como unha boa oportunida para estreitar lazos coas nais e pais de alumnos da comarca do Eume e Betanzos de cara “ao obxectivo de que a marea azul da nosa confederación chegue ás súas comarcas”.
O debate serviu tamén, segudo Anpas Galegas, para “desmontar unha vez máis e con argumentos de peso a Lomce” e o retraso que vai supoñer a implementación dunha lei que “é todo menos educativa”, criticaron.

A Confederación de Anpas Galegas achegará aos concellos as súas reivindicacións no ensino

Te puede interesar