O concerto de Caxade abre hoxe o variado programa das Letras Galegas de Narón

O concerto de Caxade abre hoxe o variado programa das Letras Galegas de Narón
Caxade estará hoxe en Narón | d.a.

O músico galego Alonso Caxade e a súa banda serán hoxe os encargados de abrir o telón do programa “N de Narón, a festa das Letras” deseñado polo concello naronés para celebrar o Día das Letras Galegas. O concerto terá lugar ás 21.30 horas, na Praza da Lectura, nas Vivendas de Santa Mariña, en Santa Icía.
Nesta mesma ubicación continuarán mañá as variadas actividades dirixidas ao público familiar e infantil. A primeira terá lugar ás 11.30 horas coa representación da obra “O vendedor de fume”, de Teatro Ghazafelhos e continuará ás 12.30 cunha sesión de DJ infantil a cargo de Picadiscos María Faltri. Pola tarde, ás 18.00 horas, dará comezo o espectáculo “Brinca Vai!”, de Paco Nogueiras, é ás 19.00 horas a proposta músico-teatral “Fantasía coas palabras”.

Todas estas actividades desenvolveranse baixo unha gran carpa localizada na Praza da Lectura, onde tamén haberá unha carpa de menores dimensións a modo de espazo de lectura, con obras de Carlos Casares e outros autores homenaxeados polo 17 de maio. A Biblioteca Municipal será tamén escenario de varias actividades organizadas con motivo da festividade, dedicada este ano ao escritor ourensán Carlos Casares. Así, desde onte pola tarde e ata o vindeiro sábado día 20, a sala infantil da Biblioteca Municipal e a planta baixa da sala de adultos acollen unha exposición bibliográfica do devandito autor, que poderá ser vista no horario de apertura destas instalacións.

Ademais, as persoas que hoxe fagan uso do servizo de préstamo da biblioteca recibirán como agasallo un libro en galego.

Tamén na biblioteca, o vindeiro sábado pecharanse os actos programados polas Letras Galegas coa actividade “Conto e vida de Carlos Casares”, dirixida a nenos e nenas a partir de catro anos de idade e con carné de socios da biblioteca –será preciso inscribirse de forma previa–.
Tamén ata o día 20 o espazo “Coa música a outra parte” co que se anuncia o horario de peche da biblioteca realízase estes días cunha canción de María do Ceo titulada “Carlos Casares”.

O concerto de Caxade abre hoxe o variado programa das Letras Galegas de Narón

Te puede interesar