O compromiso de Jordi Évole recibe hoxe o XI Premio José Couso de Liberdade de Prensa

O compromiso de Jordi Évole recibe hoxe o XI Premio José Couso de Liberdade de Prensa
Diario de Ferrol-2015-05-26-013-8bee954b_1

Organizado polo Club de Prensa de Ferrol, o Colexio de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Obra Social “La Caixa”, o Teatro Jofre acolle hoxe ás 20.00 horas o acto de entrega do XI Premio José Couso de Liberdade de Prensa ao xornalista Jordi Évole. O responsable do programa “Salvados” na cadea La Sexta será recibido polo alcalde en funcións e asinará no libro de honra.
A xornada dará comezo ás 18.00 horas coa recepción no Concello e a sinatura no citado libro de honra da cidade. A continuación Évole dará unha rolda de prensa para os medios nun acto no que tamén participarán Siro López, presidente do Club de Prensa de Ferrol; Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio de Xornalistas; Marc Arthur Benhamou, director territorial de “La Caixa” en Galicia, e José Manuel Rey Varela, alcalde en funcións do Concello de Ferrol.
Posteriormente, a partir das 20.00 horas, terán lugar os actos de entrega do premio no Teatro Jofre, coa participación no acto das xornalistas María Jesús Rico e Lorena Bustabad. Trala entrega do galardón a Évole e o seu agradecemento, o acto rematará co denominado “Concerto da Liberdade”, que neste caso correrá  a cargo do quinteto Hércules Brass.

gañadores
Jordi Évole únese á lista de gañadores do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Ali Lmrabet (2005); Le Monde Diplomatique (2006); Jon Lee Anderson (2007); José Vidal Beneyto (2008); Rosa María Calaf (2009); Daniel Anido e Rodolfo Irago (2010); WikiLeaks (2011); o Consejo de Informativos da RTVE (2012); Mónica García Prieto (2013) e Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas (2014) foron ata agora os galardoados coa estatuiñas “Ás Ceibes” creada para o Club de Prensa de Ferrol polo escultor Manuel Patinha.
O decano do CPXG, Xosé Manuel Pereiro, afirmou que “é moi bo sinalar que algo feito por xornalistas chegue á undécima edición e revelador dos tempos que vive a profesión que o premiado sexa alguén que non sofre a falta de liberdade de prensa senón que a ten, porque a foi conquistando día a día”. “O que os xornalistas premian”, asegurou, “é a envexa sá de marcar a axenda e non de que nola marquen”. 

O compromiso de Jordi Évole recibe hoxe o XI Premio José Couso de Liberdade de Prensa

Te puede interesar