As composicións do mugardés Simón García reforzan a súa presenza internacional

As composicións do mugardés Simón García reforzan a súa presenza internacional
Diario de Ferrol-2015-08-25-009-60df0155_1

O músico e compositor mugardés Simón García será o gran protagonista hoxe ás 12.30 horas dun concerto no Teatro Sesi Centro de Río de Janeiro, en Brasil. Alí celebrarase unha actuación do ciclo “Temporada Sesi de música classica” que ofrece un concierto mensual desde marzo ata novembro deste ano. a actuación de hoxe ofrecerá un repertorio ao público brasileño formado, case na súa totalidade (sete das dez obras que se interpretarán) por música do contrabaixista e compositor mugardés, actualmente músico da Banda Municipal da Coruña.
A “Temporada Sesi de música classica” ofrece ao público un repertorio de grandes compositores de música de concerto, desde o clásico ao contemporáneo, a través de grupos de cámara de renome na escena da música brasileña. Nesta ocasión os encargados de facer soar as creacións de García serán os intérpretes da Fábrica Orquestra, ensemble formado polos músicos brasileños Andre Geiger, Alexandre Ito Souza, Rodrigo Favaro, Rodrigo Foti y Waldir Bertipaglia, que completarán o programa con música de Henry Mancini, Joseph Lauber e Heitor Villa-lobos.

referente actual
Simón García (Mugardos, 1977) é un dos compositores actuais de música de contrabaixo máis programados no concerto internacional. A súa música interpretouse xa non só en toda España, senón en Italia, Alemaña, Reino Unido, Austria, Dinamarca, Holanda, Estados Unidos, México, Santo Domingo, Brasil, Uruguai, Venezuela, Canadá, Xapón, Corea, China, Suíza, República Checa, Taiwan e Colombia. 
O solista, educador e editor inglés David Heyes dixo del: “Simón García chegou ao mundo do contrabaixo como unha tormenta nos últimos anos”. García acaba de regresar de presentar con gran éxito en Estados Unidos o seu su espectáculo “Simón García SoundWorld” dentro da convención internacional ISB2015, que tivo lugar en xuño en Fort Collins (Colorado, USA) onde contou coa colaboración dalgúns dos mellores intérpretes a nivel internacional, entre elles o contrabaixista Diego Zecharies.

As composicións do mugardés Simón García reforzan a súa presenza internacional

Te puede interesar