Comeza a Mostra de curtametraxes do Ateneo con humor, suspense, cine social e animación

Comeza a Mostra de curtametraxes do Ateneo con humor, suspense, cine social e animación
Grabacion del Corto - De Baixa - de Aturuxo de Melpomene

Un ano máis, o Ateneo segue fiel a súa cita co mundo do cine e desde hoxe ata o venres organiza na súa sede a XIV edición da Mostra de Curtametraxes. Unha trintena de traballos de diversos realizadores de Galicia, España e Ferrol e a súa comarca, con notable presenza, que percorren todo tipo de xéneros, desde o humor ou o social ata a animación o suspense ou o cinema de carácter documental.
Ás 19.30 horas con entrada libre comezan as proxeccións nunha primeira xornada adicada á animación e a traballos de contido social. Así,  “El Balseiro”, de Guillermo Zapata (8’) e “Una Cerilla”, de Miguel Castro (6’), comezan a parte adicada á animación. Seguirán “Muina”, de Jo Graell (7’); “Naufraxios”, de Miguel Castro (20’); “Silencios”, de Jesús Méndez Cestero (9’); “No Tengo Miedo”, de José Diego Santiago (4’); “Hola Mamá”, de Miguel Castro (5’); “Miedo”, de Carlos De Antonio (6’); “Flores para Amalia”, de Nani Matos (19’); “Como romper el silencio”, de Miguel Castro (10’); “Acabo de Tener un Sueño”, de Javi Navarro (7’); e finalmente “Elia e o Libro”, de Marisa Otero (10’).

obras do padroado de Narón
Mañá celébrase a segunda xornada adicada aos xéneros da comedia e o suspense. O primeiro comezará cos títulos “La Liquidación”, de Olga Martínez Gómez (5’); “De Baixa”, de Juanín Ares (20’); “Es un Buen Chaval”, de Esteban Real e Juanfer Andrés (5’); “Estocolmo”, de Álvaro Martín (9’); “Valor de Día” (10’) e “Cada Can que Lamba o Seu” (5’), ambolos dous feitos polo taller do Padroado de Cultura de Narón “Do conto ao cine”. Continuará o ciclo cos traballos “Patentado”, de Javi Navarro (11’); “Un Viaje Sucio”, de Luis Galindo (15’); e “Confesión”, de Gonzalo Gurrea Ysase (3’). A xornada rematará cunha selección de curtas de terror e suspense que comezará con “1+1”, de Ramón Lázaro (4’); “Radio”, de Marko Crnogorski (10’); e “M Is For Miracle”, de Álvaro Núñez (3’).

xornada de clausura
O venres celebrarase a sesión de clausura da programación cinematográfica que comezará ás  19.30 horas . Baixo o tema “Relacións” ofreceranse os traballos “Flash”, de Alberto Ruíz Rojo (7’); “It Girl”, de Oriol Puig Playá (3’); “Os Menimos do Río”, de Javier Macipe (14’); “La Cena Caníbal”, de Mónica Negueruela (6’); e “Oscar Descafeinado”, de Mikel Alvariño (20’).
Finalmente, o xénero documental porá remate a partir das 20.20 horas a tres intensos días de encontro coas curtametraxes máis actuais e próximas cos traballos “Construíndo Música”, do alumnado do IES Terra de Trasancos (11’); e “ Diario Íntimo de una Actriz”, de Javi Pueyo (9’), que pecha esta XIV edición da Mostra do Ateneo.

Comeza a Mostra de curtametraxes do Ateneo con humor, suspense, cine social e animación

Te puede interesar