O clube de lectura de Afundación bota a andar o mércores con portas abertas

A sede ferrolá de Afundación, na praza da Constitución, volve dar a oportunidade de compartir lecturas, coa guía de Pilar Blanco. O clube de lectura volverá poñerse en marcha o vindeiro mércores, 5 de novembro, cunha xornada de portas abertas na que se explicará o funcionamento e os obxectivos desta actividade cultural. Serán sesións cada primeiro mércores de mes, cun prezo de dez euros cada unha delas e cun límite de quince prazas. Durarán unha hora e media e pódese escoller horario (comezar ás cinco ou ás sete da tarde).
O clube abrangue grandes nomes da literatura universal, como Jane Austen, Mario Vargas Llosa, Oscar Wilde, Miguel Delibes ou Gonzalo Torrente Ballester, así como outros escritores galegos e ferroláns. Na sesión de portas abertas escollerase entre “La sombra del águila”, de Arturo Pérez Reverte, e “La boda de Chon Recalde”, de Gonzalo Torrente Ballester. Ó final de cada sesión entregarase o libro do que falar na seguinte.

pintura e cociña
En Afundación desenvólvese tamén un obradoiro de pintura para persoas adultas que imparte María Loureiro os martes e xoves e que custa 35 ou 70 euros ó mes dependendo dos días á semana que se acuda.
Está ademais aberto o prazo para inscribirse nos cursos de cociña para nenos do Nadal: “Un Nadal de cociñarte” e “Cociñarte cos peque magos”. n

O clube de lectura de Afundación bota a andar o mércores con portas abertas

Te puede interesar