Claudio Rodríguer Fer súmase hoxe ao movemento da Semana da Poesía Salvaxe

Claudio Rodríguer Fer súmase hoxe ao movemento da  Semana da Poesía Salvaxe
Luis Maquieira en el Ateneo

Tralas dúas primeiras xornadas, Ferrol segue a poder captar o arrecendo da Semana da Poesía Salvaxe, un evento internacional máis valorado fóra que na propia cidade e que ten ata o sábado o seu epicentro nas rúas e bares ferroláns.
Hoxe o prestixioso poeta e profesor lucense Claudio Rodríguez Fer ofrece un recital ás 19.00 horas no Ateneo Ferrolán, pero xa moito antes comezará a actividade. Así, ás 12.00 horas no Mercado de Recimil recitarán Karlotti, Víctor M. Díez, Paco Doblas, Felipe Zapico, Itha K ou Guillermo Ferrández, entre outros poetas e músicos. Ás 13.30 horas o colectivo recitará na taberna O Candil e no Recuncho. Despois de Claudio Rodríguez Fer, ás 20.30 horas haberá outro evento no Cafelito de Gloria (Sol, 199) no que participarán Luís Maquieira –que xa recitou onte no Ateneo–, Analía Ibars ou Jorge Carbalho Branco, entre outros.
A xornada culminará no pub Manchita Cosa a partir das 23.30 horas coas intervencións poéticas de Itha K, Concha Lucas ou Pedro Campos.

Claudio Rodríguer Fer súmase hoxe ao movemento da Semana da Poesía Salvaxe

Te puede interesar