Cinensino converte a sétima arte nun excelente recurso pedagóxico para uns 2.000 alumnos da cidade

Cinensino converte a sétima arte nun excelente recurso pedagóxico para uns 2.000 alumnos da cidade
Cinensino 2015-16 Jofre

Un ano máis, o cine converterase durante uns días na ferramenta pedagóxica coa que uns 2.000 alumnos de Primaria e Secundaria traballarán arredor dunha serie de valores para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos así como de comportamento no eido escolar. 
Incluído no plan galego de prevención de drogas, o ciclo comezou onte no Teatro Jofre, escenario no que se proxectan as diferentes películas escollidas para a ocasión. Na programación dirixida para os escolares de 4º, 5º e 6º de Primaria –rapaces de entre 8 e 11 anos de idade– figuran os filmes “Dios mío, pero qué te hemos hecho”; “Inside Out” e “Antboy”. A estas etapas educativas dirixiuse a sesión inaugural de onte así como a que está prevista para hoxe, de novo en dous pases diferentes –ás 10.00 e ás 12.00 horas–.
Mañá e pasado tocaralles aos estudantes de 1º e 2º de ESO –entre 12 e 14 anos–, que pasarán polo devandito teatro ferrolán para ver os filmes “St. Vicent”; “A familia Beliér”; e “La profesora de Historia”.
No programa participan alumnos de colexios públicos (Cruceiro de Canido, Ponzos, Esteiro, San Xoán, Recimil e Juan de Lángara); concertados (Sagrado Corazón, Cristo Rey, Belén, Jesús Maestro, San Rosendo, Lestonnac, Tirso de Molina e Valle Inclán); e institutos (Canido, Ferrol Vello, Saturnino Montojo, Concepción Arenal, Carballo Calero, Sofía Casanova e Catabois).

obxectivo
O propósito de Cinensino é proporcionar principios, orientacións e ferramentas para o desenvolvemento da persoa, “implementando actividades dirixidas á práctica de valores e ao desenvolvemento de habilidades sociais dentro da aula, no fogar e no ámbito social”. 
Trátase, en definitiva, de xerar unha transformación progresiva nos valores, actitudes e comportamentos do alumnado que actúen como factores de protección fronte aos procesos aditivos, salientan desde o Concello ferrolán.

Cinensino converte a sétima arte nun excelente recurso pedagóxico para uns 2.000 alumnos da cidade

Te puede interesar