Cine, literatura, fotografía e moito máis nunha nova edición da Semana Cultural da Graña

Cine, literatura, fotografía e moito máis nunha nova edición da Semana Cultural da Graña
A proposta cultural terá lugar ata a vindeira fin de semana d.a.

Co propósito de contribuír á dinamización do barrio e achegar aos veciños diferentes posibilidades para gozar do tempo de lecer, a Asociación de Veciños da Graña dará hoxe o pistoletazo de saída a unha nova edición da Semana Cultural.
O pograma arrancará esta tarde, ás 20.30 horas na praza Pardo Cela, coa proxección ao aire libre da película “Ocho apellidos vascos”.
Mañá será a quenda para a literatura infantil, coa celebración dun obradoiro que contará coa participación da autora Paula Merlán. Achegará aos asistentes á súa obra “Un gato en las nubes”, do que se sortearán un total de seis exemplares entre os participantes. Será a partir das seis da tarde.
A actividade continuará o martes no local social cunha charla sobre a diabete a cargo de Damián García Rodríguez. Un encontro entre veciños para lembrar e compartir as súas vivencias no barrio marcará a axenda do mércores, que concluirá co fallo do terceiro certame fotográfico “Visións da Graña” –a foto gañadora será portada do calendario de 2017 da entidade local–. Amelia de Querol Orozco pasará o xoves –ás 20.30 horas– polo local da AVV para dar forma ao recital poético que abrirá paso, xa na xornada do venres, á sesión musical coa participación de alumnos do Conservatorio ferrolán.
Xa na vindeira fin de semana, o sábado as persoas interesadas –ata un máximo de 130– poderán gozar, desde as 17.30 hroas, dun paseo en lancha pola ría de Ferrol durante unha hora.

rondalla
A actuación da rondalla Sonidos del Alba pechará o domingo día 9 a Semana Cultural da Graña cunha actuación fixada para 20.00 horas na igrexa parroquial.
Desde a entidade veciñal anímase a participar na variada oferta de propostas deseñada.

Cine, literatura, fotografía e moito máis nunha nova edición da Semana Cultural da Graña

Te puede interesar